Thursday 02 de May de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


DANI GARCÍA: “DON GELATI”

Sábado 10 de outubro – 18 horas – Pista Polideportiva A PEDRA – Entrada Gratuíta

Sinopse:

Un brillante día de sol chega á plaza da principal un curioso vendedor de xeados.

Don Gelati sufrirá constantes infortunios co seu carriño, que terá que solventar rápido, con inxenio y moita maxia, antes de que os seus xeados se derretan.

Este espectáculo de maxia de rúa require a participación activa de toda a familia pois o noso xeadeiro só resolverá o problema coa axuda de todas/os.

A súa escenografía, vistosa e atractiva, enche prazas e deixa a todos/as cun bo sabor de boca.

Medidas Covid-19:

– Aforo limitado e controlado. Tomarase nota de todas as persoas asistentes.
– Obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de 1,5 metros.
– Obrigatorio uso de xel.